Que podemos facer ao respecto?

E, mentres todo isto pasa no Congo e en tantos outros países, nas zonas desenvolvidas só estamos a pensar na nova tecnoloxía, sen darnos conta de que, se seguimos explotando así o medio, non quedarán xa materiais para facela.

Adoitamos tirar os móbiles vellos ou ben deixámolos nun caixón sen darnos conta de que o primeiro de todo debería ser reciclalo.

Reciclar, reducir, recuperar: niso baséase todo isto, na nosa propia conciencia.

A reciclaxe de televisións, móbiles, ordenadores, etc... é clave para as próximas tecnoloxías.

Poderiamos vivir sen o móbil, o ipod ou o ordenador? Sen acceso directo a información? Sen redes sociais, sen música rápida dende calquera aparato? Ou tendo que ir a sitios específicos para facer unha simple videoconferencia?

O noso futuro sen a vosa axuda non poderá contar con iso, e moito menos con aparatos máis modernos que nun futuro haberá.

Todo isto é agora da nosa responsabilidade, de todos nós.

Cústanos recordalo ás veces, pero este é o noso mundo e debemos coidar del.

Colabora na campaña: axúdanos. 
Grazas





María Ramos

Ningún comentario:

Publicar un comentario