RD do Congo

O 80% das minas do coltan encóntranse no este da República do Congo.

Goma é a capital da zona mineira. A 100 km de Goma están as minas de Rubaya, que é a explotación de coltan máis grande da República Democrática do Congo. 

“Mineral de sangue” é como se coñece ao coltan que procede da mina de Rubaya.

O mineral extráeno os chamados “artesáns mineiros” que son persoas ou pequenos grupos de persoas que usan ferramentas rudimentaria para explotar minas a diario de maneira ilegal e que se expoñen a altos riscos laborais. Cando xa teñen extraído o mineral, véndeno a comerciantes.

http://curiosidades.batanga.com/sites/curiosidades.batanga.com/files/imagecache/primera/Coltan-03.jpg

As minas poden ser a ceo aberto ou en galerías subterráneas, nas que se producen derrubamentos a causa das choivas. Cada día morren aproximadamente 40 persoas.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg-S9XLCz64-CgKLSHxtpKdax_VsmoQZddYcYPugE_NVfA4HTxxogM5LB5BDLSV_xh8iDPCFBH_YdpPSGpOf4UhPHzOtfuzlyQUy8R14Kr3Q4sFE4C4klqLGLmcHXXrYM7hYt7x_7T1bcc/s400/congo-coltan-map%5B1%5D.jpg

Antía Calvo

Ningún comentario:

Publicar un comentario