As guerras polo mineral

A Segunda Guerra do Congo foi o conflicto armado que tivo lugar na República Democrática do Congo. Esta guerra iniciouse en 1998 e rematou en 2003, cando se creou o "Acordo de Pretoria" (tratado asinado nesta cidade da República Sudafricana, o 16 de decembro de 2002 para a pacificación da República Democratica do Congo). Foi o conflicto africano máis grande do que se teña noticia.
Exactamente o 2 de Agosto, o exército Ruandés, coa escusa de protexer á poboación ‘tutsi’, invadiu o país. O obxectivo desta invasión era o coltan (xa que o 80% da reserva mundial deste preciado mineral encóntranse na República Democrática de Congo). Ruanda, Uganda e Burundi fixeron alianzas comerciais e militares con Occidente para traficar con este mineral.
Coñecida tamén como Guerra Mundial AfricanaGran Guerra de África ou a Guerra do coltan, provocou a morte de aproximadamente 3,8 millóns de persoas, a maioría delas por fame e enfermidades facilmente curables. Esta cifra converteu esta guerra no conflicto máis mortífero dende a 2ª Guerra Mundial, e iso sen contar os millóns de desprazados e refuxiados nos países veciños.

http://www.elandroidelibre.com/wp-content/uploads/2014/12/Mina-Coltan.jpg
A humanidade depende actualmente do coltan, e está a haber unha terrible masacre humana en Africa, na cal están morrendo millóns de persoas, polo roubo do mineral por parte dos países desenvolvidos

Máis de cinco millóns de civís foron masacrados dende 1998 en Congo, e dende o Alto Comisionado para os Refuxiados das Nacións Unidas (ACNUR) confirman que actualmente hai 1.350.000 desprazados no interior do país. 
As mulleres e nenas son violadas e empregadas como armas de guerra. Os nenos non se salvan desta barbaridade: uns son obrigados a traballar nas minas de coltan a moita profundidade (porque son os únicos que caben nas galerías), polo que miles deles morren sepultados, de fame e de esgotamento. Mentres, outros son reconvertidos en nenos e nenas soldados. Aqueles que intentan escapar son torturados ante os seus compañeiros para que sirvan de exemplo.
Cada quilo de coltan que se extrae para a fabricación de teléfonos móbiles, GPS, armas teledirixidas e satélites artificiais, cústalle a vida a dous nenos africanos. 

No listado de empresas que axudan a que isto siga acontecendo aparecen Nokia, Ericson, Siemens, Sony, Bayer e moitas outras máis, que sacan material da zona a través de empresas pantasmas.
O Congo ule a sangue, enfrontamento entre etnias, pobreza, escravitude e sobre todo a diñeiro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario